Site icon Crónica3.com A Mariña

A Copa de España, un soño tamén para o futuro laranxa

futuro-laranxaO Burela FS Pescados Rubén gozará por partida dobre da Copa de España Cidade Real 2015. Xunto ao equipo de Primeira LNFS, que se medirá este xoves ao actual campión, Inter Movistar (21.15 horas, Teledeporte), tamén debutará o equipo Infantil. Dirixido por Mario Pillado e Christian Fustes, o conxunto de base mariñán participará na Minicopa baténdose ao mesmo rival que o sénior, este venres, ás 12.30 horas (pavillón Puerta Santa María).

Álvaro Dorado, Bruno García, Jairo Ares, Yeremay Aisa, Aarón Artime, Diego Lúa, Renato Rodrigues, Aitor García, Eurickson Gomes, Manuel Rubiños, Nicolau Vizoso e Miguel Alves compoñen o cadro laranxa, xunto aos delegados Andrés Vizoso e José Manuel Ares. A expedición chegará ao seu destino de Copa esta tarde para animar o conxunto de Juanlu Alonso na súa gran xesta deste xoves en cuartos no Quijote Arena. Este enres inverteranse os papeis; os representantes do Futuro Laranxa recibirán o apoio de xogadores e corpo técnico de Primeira desde a bancada.

As semifinais e final poderán verse en directo en www.lnfs.es.

Venres 13 de marzo
Pavillón Puerta Santa María

10.30 horas: ElPozo Murcia FS-Jaén Paraíso Interior

12.30 horas: Inter Movistar-Burela FS Pescados Rubén

Pavillón Príncipe Felipe
10.30 horas: Magna Navarra-Palma Futsal

12.30 horas: FC Barcelona-Aspil Vidal Ribera Navarra FS

Sábado 14 de marzo, Pavillón Quijote Arena
10.30 horas: Semifinal 1 Gañador (A) – Gañador (B)
12.30 horas: Semifnal 2 Gañador (C) – Gañador (D)

Domingo 15 de marzo, Pavillón Quijote Arena
12.00 horas: Gañador Semifinal 1 – Gañador Semifinal 2

Exit mobile version