Moitas veces sabes que non hai que facelo, estás seguro, sabes que hai máis posibilidades de atopar algo que non é do teu agrado, ou de cagala, que de obter algún beneficio, pero aínda con esas non te cortas.
Outras veces a curiosidade faiche investigar. Coñecer as cousas a fondo é tamén algo ambiguo. Ves todos os defectos e inconvenentes, pero aprendes a querelo así. Só si coñeces algo a fondo podes chegar a querelo. Pódeche pasar coas matemáticas ou coa muller da túa vida. Si non ao coñeces a fondo o sentimento máis forte que podes ter cara a algo é curiosidade. Curiosidade ben definida, como unha forma de atracción. Alguén definiu a curiosidade como unha forma de atracción? O dicionario non pasa do tema e di “Desexo de coñecer o que non se sabe” pero é a mellor definición sen dúbida.
A curiosidade permíteche manter ao teu cerebro ocupado e estimulado, reduce a ansiedade. O entusiasmo e interese por coñecer persoas elimina por completo a ansiedade e o estrés que pode ocasionar unha situación descoñecida. Incrementa a túa felicidade. Cando es unha persoa curiosa é máis fácil que adoptes riscos aínda cando te sintas ansioso ou incómodo. Aprendes máis fácilmente as cousas e gárdalas na súa memoria para sempre. Encántame a curiosidade e non sabedes as cousas boas da miña vida que me trouxo de regalo, tamen algun lapote, como cando despois de regalarme o primeiro reló ha