Site icon Crónica3.com A Mariña

A Dirección Provincial do Instituto Social da Mariña oferta formación sanitaria específica avanzada para os profesionais do mar

Dentro do “Plan de formación profesional marítima e sanitaria do Instituto Social de Mariña para 2015”, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, a Dirección Provincial do Instituto Social da Mariña (ISM) de Lugo ten programados para o presente mes de marzo o curso de “Formación sanitaria específica avanzada” dirixido aos profesionais do mar.

Esta acción formativa desenvolverase na Aula de formación da Dirección Local do ISM en Celeiro entre o luns 23 e o venres 27 de marzo.

Toda persoa que desexe ser admitida deberá formalizar unha solicitude, no modelo oficial vixente, que poderá obter directamente nas direccións provinciais ou locais do ISM ou descargalas da web da Seguridade Social (www.seg-social.es).

Exit mobile version