Un grupo de hosteleiros de Xove que “queremos contribuir a promocionalo noso Pobo a través da organización dunha festa gastronómica, xa que esa é a área na que mellor nos desenvolvemos”, os que se poñen á fronte da XIV Festa do Polbo da Pedra.
“O mesmo que outros lugares da comarca cremos que temos productos que son merecentes de ser promocionados e coincidimos todos en que o “polbo da pedra”, denominación coa que coñecemos o polbo que se captura na nosa costa, é un producto de altísima calidade, tal como nolo amosan os numerosos viaxeiros e turistas que pasan polos nosos establecementos”.
Tamén recoñecen que “sabemos que noutros lugares de Galicia se celebran festas do polbo, pero ésta queremos que naza cun xeito diferenciador, e ese xeito está en que o polbo que se traballa na Costa de Lugo (especialmente no que atinxe ós nosos portos de Morás e Portocelo) é un polbo distinto do que se acostuma a tomar noutros lugares e feiras de Galicia. O noso é un polbo cunha cor máis escura, os raxos son máis longos e a cabeza máis pequena, e cremos tamén, aínda que se trata dunha opinión particular, que se trata dun polbo de máis calidade que ese outro que se colle sobre todo nas grandes rías”.
Esta décimo cuarta edición mostra que esta Festa se consolída ano a ano, “o que nos enche de orgullo”. Para esta edición, que vai comezar ás 19.00 horas do xoves Santo, 2 de abril, cando xa se vai comezar a repartir polbo, a organización dispón duns 1.500 kg. de polbo que vai ser preparado polos diferentes locais en multitude de variedades. Neste sentido, que cada ano os distintos hosteleiros elaboran diferentes e novas recetas co fin de sorprender aos visitantes, sen deixar tamén de cociñar o polbo nas súas formas máis tradicionais.
A organización deste evento corre a cargo dos seguintes establecementos: Cafetería “A Roda”, Pizzería “A Fuga”, “O Refugio”, “Café-Bar “Pepe”, “Cafetería-Pulpería “Bar Cociña”, Cafetería “Centro Cívico”, “O Medulio”, “O Rincón de Nuria”, Pizzería “Onde Sempre” e Restaurante “Terra Mar”.. Contamos tamén, e non podía ser doutra maneira, co importante patrocinio e colaboración do Concello de Xove. Tamén, durante a Festa, achegará a música tradicional Saíñas de Xove.
Por último, aproveitan para “animar e invitar a participar nesta Festa, a toda a xente de Xove, da Mariña e doutros lugares que queiran, nesta data, disfrutar dunha importante e agradable xornada gastronómica”.