Site icon Crónica3.com A Mariña

A Fundación Expomar ultima o programa das xornadas técnicas que se celebrarán os días 14 e 15 de maio

260315 Foto reunion ExpomarBurela, 26 de marzo de 2015.- O comité executivo da Fundación Expomar reuniuse na tarde deste xoves para pechar aspectos como a temática das Xornadas Técnicas, que terán lugar os días 14 e 15 de maio.

Haberá dúas mesas nas que se abordarán aspectos como a incidencia da normativa comunitaria na actividade pesqueira ou a protección das xentes do mar. Na primeira das mesas, que moderará José Angel Iglesias, Capitán Marítimo de Burela, intervirán coma poñentes, entre outros, Andrés Hermida, Secretario General de Pesca do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e Edelmiro Ulloa, secretario técnico de ARVI. Na segunda mesa, moderada por Mª do Carmo García Negro, doutora e profesora de Economía Aplicada da USC, participarán Luis Casqueiro, director do ISM, Lino Sexto, subdirector xeral de Garda Costas de Galicia, e Francisco Luis Marín, xerente da OPPAO Ondarroa.

O alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar, José Mª González Barcia, asegurou que “tanto na inauguración coma na clausura da Feira Náutico Pesqueira Expomar contaremos con membros do goberno galego”.

Exit mobile version