Site icon Crónica3.com A Mariña

A mostra ‘Unha ollada’, ata o 20 de marzo na Casa da Cultura de Burela

Continúa exposta a motra “UNHA OLLADA” ata o venres 20 de marzo na Sala de Arte da Casa da Cultura de Burela despois de que os 3 artistas -Laura P. Rodil, Mar G. Pires e Ángel Picos- prorrogaran a desmontaxe dos acrílicos ata esa data.

-Laura P. Rodil, natural de Burela, é unha xove pintora centrada na técnica do acrílico. A través das súas obras intenta mostrar ao mundo as pequenas paisaxes que, previamente, acostuma a captar co obxectivo da súa cámara fotográfica. Coa súa pintura quere transmitir o bonito da vida, dos momentos e dos lugares máxicos cos que poder disfrutar.

-Mar G. Pires, natural de Ribadeo, pintora costumista, utiliza a pintura como médio de expresión. Este é o xeito que ten de manifestar as súas vivencias. Co mar como elementoa principal, alíase coa xente mariñeira e recrea estampas que falan do pasado e do presente, cunha gran creatividade e orixinalidade figurativa. Buscando sempre un equilíbrio entre luces e sombras para acadar a súa propia realidade.

-Ángel Picos, natural de Cedeira , intenta transmitir dinamismo, movemento e sutileza nas súas pinceladas cun trazo moi marcado, froito do seu propio carácter.

Exit mobile version