Con motivo da publicación no Diario Oficial de Galicia da Orde do 9 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de rexeneración e renovación urbana, o Concello de Viveiro ten previsto solicitar novamente a participación neste programa. Para elo, precisa que todos os veciños do Casco Histórico interesados en executar obras de mantenemento e intervención en edificios e vivendas, instalacións fixas, elementos comúns, etc pasen pola Oficina de Rehabilitación de Viveiro (Rúa Díaz Freijo nº 3) co fin de comunicar a súa vontade de executar obras de rehabilitación e informarse sobre as bases das subvencións outorgadas polo Instituto de Vivenda e Solo.
Dado o breve prazo para presentar a documentación ante o Instituto Galego de Vivenda e Solo, so se aceptarán solicitudes antes do 26 de marzo.
Os interesados en recibir máis información poden contactar coa Oficina de Rehabilitación de Viveiro no teléfono 982 562 968 e no correo electrónico: rehabilitacioncasco@viveiro.es.