Site icon Crónica3.com A Mariña

A OPP de Lugo aposta pola “igualdade” entre as flotas portuguesa e española que faenan no mesmo caladoiro

A Comisión Sectorial de Arrastre de Litoral do Consello Galego de Pesca reuniuse este venres 6 de marzo en Santiago para participación da xerente da organización de productores pesqueiros (OPP) de Lugo, Mercedes Rodríguez Moreda.

Ante a próxima celebración do Comité hispano-luso que tratará sobre a renovación do Convenio con Portugal, nesta reunión tratouse precisamente a problemática xerada pola convivencia no caladoiro cos buques de arrastre de bandeira portuguesa que, aumentando a súa presenza ano tras ano e traballando para os mesmos mercados, non teñen as mesmas normas que a flota española, o que lles supón unha vantaxe en detrimento dos nosos buques.

Os representantes das asociacións galegas con buques de bandeira española do Censo de Arrastre de Fondo do Caladoiro Nacional do Cantábrico e Noroeste mostráronse favorables a apoiar a mesma postura acordada en maio do ano pasado sobre esta cuestión: solicitar que o futuro Convenio inclúa a prohibición de faenar ao arrastre durante as fins de semana en augas xurisdiccionais españolas.

Trátase, xa que logo, de conseguir unha igualdade nas normas de aplicación a flotas que faenan no mesmo caladoiro, con artes similares, dirixidos ás mesmas especies e que comparten mercados, eliminando así os prexuízos para a flota nacional.

Exit mobile version