Site icon Crónica3.com A Mariña

A organización de productores pesqueiros de Lugo participa nas reunións internacionais en Bruxelas

A ORGANIZACIÓN DE PRODUCTORES PESQUEROS DE LUGO (OPP-07-LUGO), a través da Xerente, Mercedes Rodríguez Moreda, estivo presente entre este martes 10 e este mércores 11 de marzo nas reunións dos Grupos de Traballo 4, 5 e 1 do Consejo Consultivo de Larga Distancia, celebradas en Bruxelas.

O Grupo de Traballo 4 trata as relacións bilaterales da Unión Europea e outros Estados en materia pesqueira, de importancia para a flota que faena ao amparo de acordos internacionais. No caso da OPP-07-LUGO, é a flota asociada de Palangre de Superficie a directamente afectada por este tema.

O Grupo de Traballo 1 abarca a cuestión das Organizacións Rexionais de Pesca Atuneiras, incluíndo aquí o ICCAT, que afecta particularmente á flota asociada da OPP-07-LUGO de Palangre de Superficie, así como á pesquería de Bonito, de tanta tradición na Mariña.

Finalmente, o Grupo de Traballo 5 trata de temas horizontais, particularmente cuestións relacionadas con acordos comerciais, aranceis, normas doutro tipo con afectación na pesquería… cuestións todas elas cada vez de maior afectación para a flota pesqueira.

Exit mobile version