Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta de Persoal do Hospital da Costa critica que “Feijóo visita o Hospital, pero accede pola porta de atrás”

dimisions-hospitalcostaDende a Xunta de Persoal e pese a non ter comunicación oficial da chegada de Núñez Feijóo máis a Conselleira de Sanidade fixo un chamamento ás traballadoras e traballadores a concentrarse na entrada do hospital para manifestar o seu rexeitamento ás políticas de recortes na sanidade da comarca co fin de demandar novamente un decreto de xestión integrada propio para A Mariña.

Dende a Xunta de Persoal queren salientar que o acceso do Presidente da Xunta tivo lugar pola traseira do centro, agochándose para non escoitar as demandas que traballadoras e traballadores do centro reivindicaban.

Así mesmo fan público que se lles impediu ao órgano máximo de representación dos/as profesionais da sanidade do centro a entrada ao salón de actos onde se celebraba a presentación do xa mil veces anunciado Plan Director.

Denuncian tamén presións das forzas de seguridade que intentaron confiscar a pancarta despregada polas traballadoras e traballadores nun intento de represión á liberdade de expresión.

Dende a Xunta de Persoal entenden a visita do Presidente da Xunta como unha manobra puramente electoral que pretende facer ver que se vai ampliar o Hospital da Costa cando todas e todos os/as que no centro traballan saben que en un proxecto que probablemente rematará no lixo.

A Xunta de Persoal entende esta visita como un intento de minimizar a mobilización cidadá convocada para este xoves, día 19, as oito da tarde diante do Hospital da Costa, mobilización á que animan a participar activamente a todas a traballadoras e traballadores.

Exit mobile version