Site icon Crónica3.com A Mariña

ACIA Burela expón traxes castrexos para inspirar a vestimenta dos clans

expo-traxes-castrexosDurante estes días expóñense en Burela diferentes traxes castrexos que poden servir de inspiración a tódolos clans que participen o vindeiro mes de xullo na 4ª Festa Castrexa, que organizará un ano máis a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Burela.

Na conferencia “Castrexos. Quen eran? Como vivían? Como vestían?”, que tivo lugar en Burela o pasado 6 de marzo, falouse dos costumes e aparencia dos antigos castrexos para que clans e participantes na Festa Castrexa coñeceran o verdadeiro estilo que deberían seguir para ser fieis á realidade histórica.

Na celebración da Festa Castrexa cobra unha importancia fundamental a indumentaria dos homes e mulleres que habitaban os castros. Por iso se expoñen agora traxes castrexos de home, muller e neno, que se espera sirvan para inspirar ós novos castrexos de Burela.

Esta mostra está organizada por Acia Burela e ubícase no escaparate do antigo local de O Lar, na rúa Pardo Bazán, fronte á Praza da Mariña.

Acia Burela convoca reunión cos Clans Castrexos
Co fin de ir poñendo en común novas ideas relacionadas coa próxima edición da Festa Castexa, Acia Burela convoca a tódolos clans a unha reunión o vindeiro luns día 13 de abril, ás 20.30h no Salón de Conferencias (antiga biblioteca) de Burela.

Exit mobile version