Site icon Crónica3.com A Mariña

Actividade de inmersión lingüística no Reino Uinido do Martinez Otero de Foz

DSC_0009Foz, 26 de marzo de 2015.- O colexio CPR Plurilingüe Martínez Otero, dentro das diferentes actividades plurilingües programadas, retoma o seu plan de inmersión lingüística no Reino Unido; nesta súa 6ª edición terá lugar entre os días 29 de marzo e 7 de abril, coincidindo coas vacacións de Semana Santa.

Durante este periodo, o alumnado do Martínez Otero terá unha inmersión lingüística real, xa que o programa a desenvolver, ademais das clases programadas, ten como obxectivo que o alumnado manteña contacto durante todo o día coa lingua inglesa e a súa cultura.

Durante os 10 días de duración do programa, estarán aloxados na prestixiosa residencia Ardingly College, convivindo con alumnado de diferentes países nun progrma internacional pechado, isto significa que todo o alumnado que participa, fai un curso da mesma duración, coas mesmas datas de chegada e saída coordinadas entre os diferentes países. Nel compartirán as 24 horas do día, actividades, estudos, excursións, visitas culturais comidas e aloxamento, con alumnos/as de diferentes nacionalidades cos que establecerán, seguro, grandes lazos de amizade.

Vistas as características do programa non queda outra para entenderse que usar o inglés.

Exit mobile version