Site icon Crónica3.com A Mariña

Afiliados, colaboradores e simpatizantes da FRUGA coinciden en destacar o importante papel do rural no futuro inmediato do país

IIasamblea-nacional-frugaLugo, 29 de marzo de 2015. Durante a II Asemblea Nacional de FRUGA celebrada este domingo en Lugo fíxose fincapé no que papel que o rural debe xogar no futuro de Galiza; dunha relevancia, cando menos, igual o que veu xogando o longo da nosa historia.

O presidente de FRUGA fixo alusión, na súa intervención, a como o rural é garantía de alimentación para @s galeg@s e nos proporciona a tan demandada soberanía alimentaria. Constituíndo, asemade, o cerne da nosa cultura en todas as súas expresións o longo do tempo. Feitos que se completan coa súa función de sempre de conservador do que hoxe en día se coñece coma biodiversidade; única actuación de verdade efectiva fronte os lumes.

No que se refire as problemáticas sectoriais, destacar a oposición a desregularización do sector lácteo coa desaparición das cotas. Polo que tendo en conta que Galiza é a 1ª potencia produtora do Estado español, demandamos do Goberno Galego:

-A constitución da Interprofesional Láctea Galega, como lugar onde chegar a acordos firmes que permitan que os prezos que cobremos polo nos leite cubra, cando menos, os custes de produción, e

-A intervención da Administración galega para conseguir que o sector lácteo galego se dote dun tecido industrial propio.

Sinalar que a Fruga acredita en que o futuro do sector vitivinícola e a supervivencia económica das explotacións e adegas galegas pasa polo respeito as normas de que nos temos dotado no seo dos Consellos Reguladores. Para a Fruga o futuro e a sostenibilidade do sector vai ligado ao futuro dos Consellos Reguladores e ao control dos rendememtos a través dos seus regulamentos.

A II Asemblea Nacional da FRUGA, manifesta a súa total oposición á privatización dos Montes Veciñais e reclama a supresión destas “falsas débedas”; así coma ó Tratado Transatlántico para o Comercio e os Investimentos (TTIP).

Por último, FRUGA demanda das administracións, nomeadamente a XUNTA, que se efectivice o seu recoñecemento coma organización representativa do sector agrogandeiro, e por extensión do medio rural. Procendendo a súa covocatoria as diferentes mesas de negociación sobre os asuntos que lle competen.

Exit mobile version