No mesmo contouse coa presencia dos alumnos de 1º a 6º de Primaria do CEIP Pedro Caselles Rollán. Este acto consistiu na presentación do libro “Noui e o bebedizo máxico”, contado polos propios nenos e nenas creadores, ao resto do alumnado e profesorado de Primaria. Ao finalizar, o Alcalde, Demetrio Salgueiro, resaltou a importancia de traballar a igualdade de xénero no ámbito educativo e agradeceu ao profesorado do CEIP a súa implicación e interese. Xunto coa concelleira de Igualdade, Ana Abad, fixeron entrega dun libro e diploma a cada neno e nena creador do conto.
Durante os meses de outubro e novembro de 2014 (inicio deste curso escolar), os nenos e nenas de 6º de Primaria do CEIP “Caselles Rollán” de Xove, traballaron nun proxecto de igualdade, organizado polo Concello de Xove en colaboración co propio Colexio e subvencionado pola Secretaria Xeral da Igualdade e cofinanciado polo Fondo Social Europeo. Este proxecto consistiu na elaboración dun conto para a igualdade, basado nunha historia, persoaxes e escenario ideado polo propio alumnado de 6º.
O conto, en forma de libro, presentado foi repartido inicialmente entre os de 6º de Primaria, pero tamén o recibirán os restantes nenos/as do colexio.