Site icon Crónica3.com A Mariña

Axudas para a promoción da música en festas patronais

O programa MUSIQUEANDO da Deputación de Lugo mantén aberto o prazo para a solicitude de bandas de música, grupos corais e grupos de música tradicional da provincia por parte de comisións de festas que se dediquen a organizar as festas patronais no ámbito xeográfico da provincia de Lugo; pero tamén para os propios Concellos ou entidades sen ánimo de lucro da provincia que estean xuridicamente constituídas, e que teñan entre as súas finalidades a promoción da cultura. Os concellos e entidades da provincia que desexen solicitar actuacións dentro deste programa deberán presentar as súas solicitudes até o 31 de marzo de 2015 en calquera dos rexistros autorizados. As bases e os impresos de solicitude pódense consultar no seguinte enlace: http://www.v1deputacionlugo.org/…/docu…/Musiqueando_2015.pdf.

Exit mobile version