Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro confirma que os emigrantes retornados poderán presentar as súas declaracións e solicitudes na Delegación de Facenda de Foz

A Mariña, 7 de marzo de 2015.- O secretario xeral dos populares lucenses e secretario do Parlamento de Galicia, José Manuel Balseiro, confirmou esta mañá –tras realizar distintas xestións diante das administracións central e autonómica- que os emigrantes retornados poderán presentar as súas declaracións e solicitudes de reintegro na Delegación da Axencia Tributaria de Foz, sen necesidade de desprazarse fóra comarca.

O popular aclara así que tan só será necesario viaxar á cidade de Lugo para aqueles emigrantes retornados que queiran facer uso do novo servizo especial de asistencia persoal, isto é, da posibilidade de que uns técnicos especialistas –que teñen a súa oficina nas delegacións provinciais- lles asistan na confección da declaración.

Ademais están a disposición deste colectivo a propia tramitación vía internet e telemática e os servizos de asesoramento telefónico e web, para resolver as dúbidas que estimen oportunas sobre os modelos para solicitar o reintegro das cantidades abonadas a Facenda.

A XUNTA INTERMEDIOU NA SOLUCIÓN
Balseiro volve a lembrar que o PP e a Xunta sempre buscou unha solución tras ter constancia da problemática xurdida porque un grupo de emigrantes retornados si fixo e outros non a declaración das súas rendas e pensións obtidas no estranxeiro ante Facenda.

Ata o punto é así que insiste Balseiro a intermediación do Goberno galego fronte á Facenda estatal foi decisiva para fora cumprir á principal demanda dos emigrantes retornados: que foi a devolución íntegra das sancións, recargos e xuros (intereses de demora), tal e como se acordou por unanimidade no Parlamento de Galicia.

MANIPULACIÓN DO BNG
O popular pediulle iso si ao colectivo de emigrantes retornados que non se equivoquen de enimigo, nin deixen manipular polo BNG e os seus responsables comarcais, porque o único interese dos nacionalistas é continuar xerando polémicas continuadas e barullos a base pancartas, en vez de buscar posibles solucións construtivas, como nas que estivo e están traballando as administracións populares.

Exit mobile version