Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiro presenta a candidatura do PP de Ribadeo que lidera López Penabad

Ribadeo, 31 de marzo de 2015.- Este martes, 31 de marzo, tivo lugar a presentación oficial da candidatura do Partido Popular á Alcaldía de Ribadeo, que encabeza Jesús López Penabad.

O acto desenvolveuse no hotel O Cabazo, en compañía de numerosos veciños e simpatizantes da agrupación popular e contou coa presenza do presidente provincial do PPdeLugo, Jose Manuel Barreiro que arroupou aos presentes.

Tamén asistiron varios membros do Partido Popular entre eles, o secretario xeral do PP de Lugo, Jose Manuel Balseiro, e cargos representativos tanto da provincia, como da comarca mariñá, que participaron nun acto cheo de ilusión e moitas ganas.

CANDIDATURA
A candidatura, composta por 21 persoas, 12 homes e 9 mulleres, aspira a converterse nunha alternativa de Goberno e facer de Ribadeo un pobo de presente e futuro.

López Penabad destacou que todos os que lle acompañan na lista coñecen os problemas reais dos veciños e dispoñen de gañas, enerxías e as mellores fórmulas para solucionalos. Non se trata de solucións máxicas, porque non existen, senón de traballar en conxunto e sintonía coa Xunta, co Goberno central e co futuro novo goberno da Deputación para que Ribadeo recupere o protagonismo que nunca debeu perder.

COMPROMETIDOS CO SEU POBO
Pola súa banda, o presidente do PPdeLugo Jose Manuel Barreiro subliñou que a lista electoral está composta por persoas sinceras, traballadoras, sinxelas e honradas que cumpren co compromiso adquirido co seu pobo e por iso espera que os veciños confíen nestes homes e mulleres para que estean ao servizo de Ribadeo a través das siglas do Partido Popular

REVALIDAR ALCALDÍAS, AMPLIAR APOIOS
O líder dos populares lucenses manifestou que temos na provincia magníficos alcaldes e alcaldesas, e dixo estar plenamente convencido de que van revalidar os seus cargos porque “onde gobernamos a cidadanía é consciente do seu magnífico traballo para reverter unha difícil situación económica”, argumentou Barreiro, anticipando “que haberá ademais sorpresas en máis municipios como Ribadeo, xa que temos magníficos candidatos que seguro que tamén accederán á Alcaldía”.

LISTA DA CANDIDATURA ELECTORAL DE RIBADEO

1. Jesús López Penabad
2. María Rosina Tosar
3. José Juan Estévez
4. José María Suárez
5. Ana María Castelao
6. Daniel Vega
7. Abelardo Cuadrado
8. Baldomero Castro
9. Alba Rodil
10. Ana María Docobo
11. Inocencio Rodríguez
12. Diana María Fernández
13. Francisco José Pulpeiro
14. Rosa María García
15. Hernán José Valle
16. María Concepción Vilabrille
17. Juan Carlos Fanego
18. María Dolores Tojo
19. Joaquín SanJulián
20. Marta Sordo
21. Pedro José Muruais

Exit mobile version