Site icon Crónica3.com A Mariña

Bernardo Fraga pide responsabilidades á Xunta e traballo “para garantir o mantemento do emprego en Vestas”

Viveiro. 28 de marzo de 2015. O BNG de Viveiro, reclámalle ao Partido Popular de Viveiro, que se deixe de apoios de cara á galería, e se poñan a traballar para solucionar o problema de Vestas. Os nacionalistas consideran unha boa nova a presenza de todas as forzas políticas na manifestación de onte, pero botan en falta a verdadeira implicación da Xunta de Galiza. Esta mañá afirmaron “non serve de nada un apoio efímero do PP Local, se non se concreta con medidas que supoñan unha solución para as traballadoras e traballadores de Vestas.

O Candidato á Alcaldía de Viveiro, Bernardo Fraga, declarou “É responsabilidade do Goberno Galego traballar para manter o tecido industrial no noso País, no caso de Viveiro, o Presidente da Xunta, non pode eludir a súa responsabilidade, debe implicarse e traballar para garantir o mantemento dos postos de traballo no noso Concello”
Ademais, engadiu “De nada serve, que asistan á manifestación de onte, se nada fan, para solucionar o problema. Botámolos de menos noutras concentracións en defensa dos dereitos das traballadoras e traballadores de Vestas, e doutras empresas. Supoño que a cercanía das Eleccións Municipais supón un incentivo para eles”.

Así mesmo, e noutro orde de cousas, Bernardo Fraga declarou “apoiamos a reivindicación das veciñas e veciños de Lodeiro, de reducir o límite de velocidade a 30 km por hora” e engadiu “no BNG cremos nun modelo de Cidade que teña como prioridade ás persoas, e medidas coma esta, van na liña de mellorar a seguridade vial, en zonas de uso maioritariamente peonil”.

Exit mobile version