Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela recibiu da Xunta 72,38 millóns de euros en investimentos durante os últimos 6 anos de goberno de Feijóo

pp-xunta-burelaBurela, 30 de marzo de 2015.- Os veciños do municipio de Burela beneficiáronse nos últimos seis anos de goberno de Alberto Núñez Feijóo de máis de 68 millóns de euros en obras, servizos, transferencias e outros investimentos executados pola Xunta de Galicia.

Así o explicaron este mañá en rolda de prensa o secretario xeral do Partido Popular de Lugo, Jose Manuel Balseiro, acompañado do tamén deputado autonómico Vidal Martínez-Sierra e do candidato á reeleción e actual alcalde, Jose María González Barcía.

Os populares quixeron facer balance das achegas do Goberno galego desenvolvidas desde o ano 2009, e explicaron que se poden dividir en dúas grandes áreas: investimentos directos, que superan os 43,3 millóns de euros, e partidas xenéricas con destino no municipio de Burela, que supuxeron 29 millóns de euros en inversión.

Balseiro, Martínez-Sierra e Barcia salientaron que, desde que Feijóo é presidente, cada ano Burela recibe unha media de 12,06 millóns de euros da Xunta de Galicia. Unha cifra que sitúa ao municipio nun posto destacado polo amplo respaldo e esforzo inversor da administración autonómica.

Por outra banda, os populares, convencidos da importancia de dar a coñecer este balance, como exemplo de transparencia, retaron á Deputación de Lugo a facer públicas as súas achegas, con toda seguridade moi inferiores ás da Xunta e as doutras localidades mariñáns ten moito máis interese, porque á hora da verdade só o Goberno galego cre e aposta por Burela.

PESCA
Un dos ámbitos nos que os investimentos da Xunta teñen maior peso é o pesqueiro, de feito, Burela é unha das localidades máis importantes en canto achegas recibidas tanto directamente en axudas e apoios aos profesionais do mar, comercialización e transformación, como tamén no relativo a distintas obras executadas na mellora das infraestruturas portuarias. En todos estes aspectos as achegas superaron os 17 millóns de euros:

Investimentos na acuicultura 451.026 €
Investimentos na industria transformadora e comercialización 1.271.637 €
Axudas á flota pesqueira 12.149.782 €
Compensacións socioeconómicas 170.871 €
Investimentos en buques pesqueiros 536.563 €
Investimentos en vixilancia en bancos e caladoiros 112.891 €
Investimentos nos Grupos de Acción Costeira 454.827 €
Outros proxectos 62.691 €
Plan de Investimento Menores 167.689 €
Mellora do abrigo e ampliación de atraques 500.000 €
Prolongación do martelo que separa as zonas comercial e pesqueira 480.000 €
Instalación Sistema de vixilancia CCTV para a Confraría de Pescadores “San Juan Bautista”, mellora acceso peirao norte 683.335 €

Para completar estes apoios a Consellería do Medio Rural e do Mar achegou 9 millóns de euros xa dentro das partidas xenéricas con destino concreto neste municipio investimentos para proxectos dinamizadores (103.010,66 €), Plan Marco Programa Mellora de Camiños Municipais (157.461,88 €), Proxectos Leader (375.079,42 €), Área infraestruturas (924.333,89 €), Fondo de Garantía Agraria (5.234.059,42€), Producción agropecuaria (1.330.035,12€), Prevención contra os incendios forestais (110.316,81 €), Convenios e subvencións de prevención de incendios (378.214,23 €), Ordenación e fomento forestal (545.222,88 €).

EMPREGOS E SERVIZOS SOCIAIS
Outra das áreas de investimento prioritario do Goberno galego en Burela foi o emprego e o benestar, aos que achegou case 10 millóns de euros. Así a Xunta financiou a construción dunha nova escola infantil con 41 prazas actuación para a que destina (580.000 €), financia con 651.000 € o Centro Ocupacional e centro de día da Fundación Eu Son, achegou 17.000 € como subvención para a o centro residencial e ocupacional (1ª fase) para enfermos mentais de A Mariña, destina 1,8M€ para o sostemento das prazas de atención de día a menores do centro San Aníbal, e 95.000 € máis para as vivendas tuteladas, e 12.300 € como subvención para a fundación Burela-A Mariña de discapacidade intelectual para a adquisición de equipamento do centro de día

En materia de emprego 925 persoas beneficiáronse de 60 Accións Formativas (2.630.000 €), 171 persoas foron contratadas a través dos plans de cooperación (1.583.700 €), 15 alumnos recibiron formación no Obradoiro de Emprego “Faro de Burela IV” (2012-2013) acción para a que se achegou 132.248 €, 22 alumnos recibiron formación no Obradoiro de Emprego “Sendas de Burela, Cervo e Xove” (2013-2014) con investimentos por 195.435 €, 20 alumnos recibiron formación no Obradoiro de Emprego “Sendas de Burela, Cervo e Xove II” (2014-2015) que supuxo un investimento de 177.668 €.

En transferencias en beneficio de Burela achegáronse 452.796 € para o Plan Concertado de servizos, sociais, 818.014 € para o sostemento do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes, e foron subvencionados pola Xunta a contratación de 11 orientadores laborais 224.450 € e 5 persoas en risco de exclusión social para o que se destinou 41.902 €.

SANIDADE, EDUCACIÓN, IGUALDADE E DEPORTES
No ámbito sanitario cómpre sinalar que o Goberno galego destinou 2,2 millóns de euros en obras, novos servizos e dotacións tecnolóxicas para o Hospital da Costa e para subvencionar 112.530 euros a redacción do plan director para a ampliación do centro hospitalario.

Distintas actuacións de mellora dos centros educativos públicos de Burela supuxeron un investimento conxunto de 323.509,71 €. A esta cifra habería que engadir no futuro os 430.000 euros que a Consellería de Cultura e Educación ten previsto destinar á abra de ampliación do IES Perdouro (Burela)

A Xunta tamén achegou 38.821,16 € para financiar actividades no ámbito cultural e 370.089 no ámbito da igualdade, que se distribuíron do seguinte xeito: Mantemento do Centro de Información á muller (CIM) 280.116,83 €, 11.236 € en promoción da igualdade, conciliación ou prevención da violencia, 50.564,79 € para a Asociación Hijas del Divino Cielo, 22.606,16 € para a Asociación Mujeres en Igualdad de Burela e finalmente preto de 6.000 euros para as ANPAS dos colexios da localidade.

No ámbito deportivos salientaron os seguintes investimentos:

Axudas a clubs 457.431 €
Dotación de herba artificial do campo de fútbol de A Marosa 560.000 €

CONSELLERÍA CMATI

Por outra banda, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas achegou 120.000 € para a redacción do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal recentemente aprobado de xeito definitivo e está a investir 8M€ nas obras de acceso ao porto, en plena execución. Tamén se achegaron –en concreto para Burela- 4,2 M€ para as obras de abastecemento conxunto con Cervo.

Outras achegas foron:

Investimentos nas obras en estradas 5.176.155,39 €
Conservación integral 1.261.687,87 €
Inversión en Medio Ambiente 1.281.397,19 €
Reparacións de vivendas de promoción pública 167.353,80 €
Axudas para rehabilitación de vivendas 575.847,28 €
Axudas para adquisición de 56 vivendas protexidas 61.790,35 €

ECONOMIA E INDUSTRIA

Os apoios desta Consellería se centraron, nos últimos seis anos en Burela en:

Promoción, modernización e desenvolvemento do sector comercial 428.915,97 €
Investimento no eido enerxético 1.163.595,20 €
Dinamización da actividade económica e empresarial 8.303.975,07 €
Desenvolvemento da innovación e investimentos tecnolóxicos 403.618,48 €

PEQUENAS INFRAESTRUTURAS
Outras actuacións relevantes foron: a subministración e colocación de xogos infantis no parque Rosalía de Castro (37.167 €) a reposición de rede de saneamento na rúa Ramón Farré (29.822 €) con cargo ao Fondo de Compensación ambiental (canon eólico)

EMERXENCIAS E XUSTIZA
E tamén, no ámbito das emerxencias, a Xunta achegou 22.988 € para un Vehículo de protección civil, 46.982 € en subvenciones para a Agrupación voluntarios de Protección civil, 6.687 € para a contratación de auxiliares de policía local durante a tempada de verán e outros 646.174 € na parte que lle corresponde para o mantemento, operatividade e construcción do parque contra incendios

No ámbito das transferencias para o financiamento dos gastos de funcionamento do Xulgado de Paz o Goberno galego investiu 22.574 €.

NOVAS TECNOLOXÍAS, INTERNET E TELEVISIÓN
Finalmente, os populares destacaron os 564.140,75 € destinados ao Plan de Banda Larga de Galicia, 131.105,11 € para equipamento TIC para o desenvolvemento do proxecto Abalar, 5.789 € para soporte e mantemento de ferramentas, plataformas e infraestruturas da Rede CeMIT, 32.345 € nas actuacións necesarias para a transición á TDT, 951 € para renovación de equipamentos de difusión por tecnoloxías máis eficientes, 2.303 € para xestión de proxectos de inclusión dixital, e 15.000 € en subvención para o apio das actuacións de inclusión dixital recollida no Convenio da Xunta de Galicia-Fegamp.

Exit mobile version