Dende o PSdeG-PSOE de Foz, queremos agradecer ao público que asistiu ao fermoso concerto de ABA TAANO-MUSICA GOSPEL, que permitiu algo insólito en Foz, como é o de ter que poñer o cartel de non hai entradas.
A recadación de preto de 1.300 € (8 €/entrada), permitirá aportar un gran de area para estes nenos e nenas de Uganda, un mundo algo mellor.
Ao marxe do exposto, hai que destacar a CALIDADE DO CONCERTO, e grande satisfación do público polo bo facer do grupo e o seu repertorio. PARABENS ABA TAANO.
Estou seguro que haberá xente que se desprazará a Viveiro para poder disfrutar unha vez máis deste concerto que, neste caso, a entrada custará só 5 € (segundo os responsables do grupo, dada que é una sala con máis capacidade e que o Concello asume a parte restante en caso necesario).
O PSdeG-PSOE de Foz, tenta demostrar con este concerto que outra forma de gobernar tamén é posible no eido cultural, e sen necesidade de traballar a golpe de talonario.
Jaime Cancio, candidato do PSdeG á alcaldía de Foz.