A popular fixo estas declaracións tras acompañar á secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, e á delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, que visitaron esta mañá as instalacións e mantiveron un encontro co director, cos traballadores e cos propios usuarios para coñecer de primeira man as súas demandas.
En concreto, a voceira dos populares locais destacou a “enorme importancia” deste centro para a localidade, tanto polo seu carácter asistencial como polos postos de traballo que xera no municipio.
Neste ámbito, Candia resaltou a profesionalidade dos traballadores do centro asistencial San Pablo e San Lázaro aos que agradece a súa dedicación e entrega para ofrecer o mellor servizo posible aos seus usuarios.
Por último, a popular tamén quixo destacar o compromiso da Xunta de Galicia para o mantemento destas prazas públicas.