Site icon Crónica3.com A Mariña

Case vinte anos despois, Lugo volve ó Nacional Individual de Ximnasia Rítmica de Base coa Escola Porta Norte

IMG_20150315_19134225 de marzo de 2015.- A provincia de Lugo volverá ter presenza no Campionato de España de Ximnasia Rítmica Individual de Base case vinte anos despois da súa última representación grazas á Escola Porta Norte. A cita, na que participarán 6 ximnastas da Mariña, terá lugar entre o 24 e o 26 en Guadalajara.

Éxito clasificatorio
Porta Norte conseguiu pleno clasificatorio para o Nacional coas súas seis representantes que competiron no Campionato Galego o 15 de marzo en Ribadeo; na cita participaron de 77 ximnastas de toda a comunidade, coa da Mariña como a única escola de Lugo .

Completaron a exitosa xornada María Lestao (Burela), campioa galega alevín, que competiu con aro, e Mara Pigueiras (Viveiro), subcampioa benxamín, que competiu con pelota. Tamén se clasificaron a alevín Daniela Enríquez, de Burela, con aro; a infantil Julia García, de Ribadeo, con corda; a cadete Ana María Rico, tamén de Ribadeo, con cinta; e a xuvenil Gabriela Bris, de Viviero, con mazas.

Exit mobile version