Site icon Crónica3.com A Mariña

Celebración da chegada da primavera na Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña

primaveraCervo, 24 de marzo de 2015.- Como todos sabemos, o día 21 de Marzo, da comezo a primavera. E este ano quixemos celebrar tan sinalada data con un gran festexo:

Este mércores terá lugar na Unidade Residencial de Cervo unha festa de benvida á primavera , onde todos xuntos, unhas 50 persoas, tentaremos retroceder ós anos sesenta, querendo plasmar a importancia do medio ambiente que recollía o movimento hippy.

Así , dende as 11 da mañá ata as 15:00 horas, aproximadamente, disfrutaremos da nosa festa Flower Power, ó son do baile e caracterización daquela época, e tamén dun karaoke, facendo un alto para disfrutar todos xuntos dunha comida.

Tamén temos previsto a inauguración dunha barca no xardín da Residencia, adornándoa de plantas e flores, a cal restauramos no taller de carpintería do Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Burela, polo tanto unha obra da que se sinten orgullosos os nosos usuarios.

Hoxe foi colocada na finca e xa deu colorido ó seu redor. Pero mañá, ademáis de adornada, contará ó seu redor con un obxeto moi valioso…. a cápsula do tempo.

A cápsula do tempo foi enterrada na finca do Centro de Burela no 2011, e esta albergaba os desexos máis internos de todos nós, como son unha cura para a enfermidade mental ou o fin da crisis, entre outros…. Agora dámoslle traslado para esta finca e abrirase tal como propuxéramos, cando pasen 10 anos, ousexa aló polo 2021.

Pero claro, a realidade é que nestes 4 anos o colectivo fíxose maior e tamén queren ser partícipes do proxecto, polo que mañá todo aquel que o desexe poderá participar facendo unha nova urna .

Este tipo de actividades, permite aos nosos usuarios gozar dun tempo de disfrute e relaxación no que ademais se favorecen as relacións interpersoais e sociais e todo un conxunto de valores como a empatia, o traballo en equipo, a solidaridade…. Asi contribuimos a lograr un grupo de apoio social e contribuímos a aumentar o sentimento de pertenza, e polo tanto o aumento da autoestima dos nosos usuarios, tendo como fin último a mellora da calidade de vida dos mesmos.

Exit mobile version