Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo promociona as tres festas de Interese Turístico, a do Mexillón e os atractivos do municipio na feira Xantar

cervo-xantarCervo, 3 de marzo de 2015- O Concello de Cervo terá a partir de mañá un expositor promocional no 16º Salón Internacional de Gastronomía e Turismo que se celebra en Ourense do 4 ao 8 de marzo e que hoxe foi acondicionado e preparado. A edil de Turismo, Begoña Alonso, desprazouse ata a capital ourensá, onde se reuniu con membros da organización. Este é o segundo ano consecutivo no que o municipio participa nesta feira, á que na edición anterior acudiu presentando a Festa do Ourizo.

Este ano, o Concello decidiu ampliar as posibilidades de promoción, centrando os seus esforzos nas tres festas de Interese Turístico Galego (Maruxaina, Queimada e Ourizo, aproveitando a proximidade desta última) así como na Festa do Mexillón. De feito, nesta edición vaise volver a concorrer ao concurso de Carteis de Festas Gastronómicas de Galicia, neste caso co da Festa do Mexillón.

Hai que lembrar que o ano pasado o Concello gañara o segundo premio neste certame co cartel da Festa do Ourizo. Un recoñecemento que para a edil de Turismo “tiene el valor de ser un punto más en la promoción de nuestra gastronomía y nuestros recursos”.

En canto á presenza de Cervo en Xantar, Alonso asegura que “este es un evento internacional, que puede contribuir a dar a conocer nuestro municipio a través de nuestros productos y de nuestras fiestas gastronómicas”. Sen esquecernos de que “esa gastronomía va unida a un concello con fiestas populares, y con numerosos atractivos naturales, patrimoniales o artísticos”.

Exit mobile version