Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezaron as obras de prolongación do martelo que separa as zonas comercial e pesqueira do porto de Burela

250315 Foto martelo BurelaBurela, 25 de marzo de 2015.- Este mércores deron comezo as obras de prolongación do martelo que separa as zonas comercial e pesqueira no porto de Burela. O investimento ascende a 483.000 euros. O alcalde, José Mª González Barcia, subliñou o compromiso da Xunta co municipio.

O rexedor explicou que “no día de hoxe empezaron as obras de prolongación do martelo que separa a zona comercial da pesqueira no porto de Burela, que teñen un investimento de 483.000 euros e que foron adxudicadas por Portos de Galicia á empresa Oys Noroeste”. González Barcia lembrou que “esta actuación foi consensuada no seu día entre o Concello, o sector pesqueiro (confraría e ABSA) e o propio ente Portos de Galicia de cara a mellorar a seguridade da dársena interior do porto de Burela. No seu día tamén se presentaron distintas alternativas e a opción elixida, que é a que se está aplicando, é a recomendada polos técnicos e a que o propio sector considera máis útil e que pode solucionar de forma efectiva os problemas que había ata agora”.

O alcalde de Burela indicou que “actualmente estase preparando todo o que se refire ao forxado dos bloques, que dentro dun mes aproximadamente comezarán a ser colocados para que este martelo, que agora mesmo ten 50 metros, gañe 20 metros máis de lonxitude. Creo que con este investimento, máis outro que ten feito Portos de 130.000 euros aproximadamente na colocación de bloques no espigón de abrigo, se demostra o compromiso que ten a Xunta de Galicia co porto de Burela”.

Exit mobile version