Site icon Crónica3.com A Mariña

Conclúe a Liga de Bolos de Xove despois dunha temporada de “consolidación de xogadores xuvenís”

A pesar que ata o último momento podía haber un cambio no liderato da Liga Sénior, ao final o podio quedou como estaba: Arturo Vigo proclamouse campió por diante de Rafael González que, a pesar de ser o protagonista da “mellor bolada” do campionato con 111 puntos nunha tirada que marca un récord difícil de superar, non puido remontar e tivo que conformarse co subcampionato. Álex Meitín permanece na terceira praza pola que recibe un trofeo -igual ca os seus compañeiros- e tamén 100 euros. O primeiro e o segundo clasificado, pola súa banda, fixéronse con 200 e 150 euros, respectivamente; aínda que Rafael recibirá tamén outro trofeo e outros 50 euros pola “mellor bolada”.

CAMPIÓN ARTURO VIGO CASABELLA TROFEO E 200 €UROS
SUBCAMPIÓN J. RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ TROFEO E 150 €UROS
TERCEIRO ALEX MEITÍN SERANTES TROFEO E 100 €UROS
MELLOR BOLADA J. RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ con 111 tantos TROFEO E 50 €UROS

Nesta Liga teñen premio final os 12 primeiros clasificados; pero, a última tirada no Centro Social de Sumoas, só serviu para modificar algunhas posicións dentro dos postos 4º ó 12º.

Liga de Maiores
Dentro da Liga Senior Masculina, no apartado dedicado aos xogadores maiores de 60 anos (LIGA DE MAIORES) na que os tres mellores teñen dereito a tres premios.

CAMPIÓN ARTURO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ TROFEO E 75 €UROS
SUBCAMPIÓN MODESTO ALBO VIDAL TROEFO E 50 €UROS
TERCEIRO JOSÉ BAÑO FERNÁNDEZ TROFEO E 25 €UROS
TROFEO AO XOGADOR DE MAIOR IDADE: MODESTO ALBO VIDAL DE 85 ANOS

Liga Sénior Feminina
Igualmente, na Liga Feminina a emoción mantívose ata o final para decidir o subcampionato. Mentres que Belén Meitín, que quedou segunda nesta tirada, afianzaba o seu segundo campionato na categoría; Salomé Cardoso conseguía empatar a puntos na clasificación con Carmen Roca obrigando a forzar o desempate. Despois de 3 tiradas, o subcampionato caía do lado de Carmen. Aínda así, Salomé Cardoso asinaba unha gran actuación na súa primeira presencia na categoría.

Todas elas recibían o seu respectivo trofeo, aínda que Carmen Roca por partida dobre ao ser a responsable da “mellor bolada” con 83 tantos.

CAMPIÓN BELÉN MEITÍN ROUCO TROFEO E 90 €UROS
SUBCAMPIÓN CARMEN ROCA CORRAL TROFEO E 75 €UROS
TERCEIRO SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ TROFEO E 50 €UROS
MELLOR BOLADA CARMEN ROCA CORRAL con 83 tantos TROFEO E 50 €UROS

Liga Sub 16
Cos dous primeiros postos xa decididos na Liga Sub 16 -Daniel Alonso e Miguel López, respectivamente-, quedaba por dirimir quen se facía coa terceira posición do podio final.

Así, Hugo Pérez subía ao podio despois de dúas tiradas iniciais impresionantes en Sumoas que xa non lle deron ningunha opción a Julia López.

CAMPIÓN DANIEL ALONSO LÓPEZ TROFEO E 90 €UROS
SUBCAMPIÓN MIGUEL LÓPEZ FORMOSO TROFEO E 75 €UROS
TERCEIRO HUGO PÉREZ MEITÍN TROFEO E 50 €UROS
MELLOR BOLADA MIGUEL LÓPEZ FORMOSO con 74 tantos TROFEO E 50 €UROS

A organización do campionato destaca dous aspectos da temporada 2014/2015: por un lado, a alta participación cunha media duns 35 inscritos por tirada, e, por outro, a consolidación dun núcleo infantil/xuvenil de xogadores e xogadoras que durante os anos vindeiros deberán tomar o relevo e renovar o espectro social deste xogo. Estes dous feitos demóstranos que o xogo de bolos está consolidado no noso Concello e que este xogo ten futuro.

Loxicamente, e tal como sinalou o alcalde Demetrio Salgueiro na clausura desta tempada, o traballo que se está a facer dende o Concello na organización deste campionato, así como o apoio do Concello ao Club de Bolos Xove, fai que “Xove sexa unha referencia a nivel galego neste tan querido deporte noso”.

Rematada a competición, o alcalde, acompañado da concelleira de deportes Cristina Iglesias, fixo entrega dos trofeos e premios aos vencedores.

Exit mobile version