Site icon Crónica3.com A Mariña

Contacontos, chocolatada e exposición en Xove para conmemorar o Día Internacional da Muller

O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, ten previsto un amplo programa de actividades para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER:

– Sábado 7: visita a DONA AURORA QUELLE ABAD, a muller máis lonxeva do noso concello (98 anos). O Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola concelleira Ana Abad, faranlle entrega dun ramo de flores no seu domicilio.

– Domingo 8: a partir das 17.30 horas no Salón de Actos, VIII CHOCOLATADA “DÍA DA MULLER”. Inauguración da EXPOSICIÓN “ROSTROS DA HISTORIA”, que permanecerá aberta ata o venres 20 de marzo de 2015.

– Martes 10: no Salón de Actos ás 10.30 horas, contacontos “NOUI E O BEBEDIZO MÁXICO”, dirixido ao alumnado de primaria do CEIP Caselle Rollán de Xove. Presentación do libro de mesmo nome, realizado polo alumnado de 6º de Primaria.

Exit mobile version