Site icon Crónica3.com A Mariña

Cortada ó tráfico a rúa Nicolás Cora de Viveiro

O vindeiro venres, 6 de marzo de 2015, entre as 08.30 e 20.30 horas, estará prohibida a cir-culación de vehículos na rúa Nicolás Cora, permitíndose unicamente o paso a través da rúa Irmáns Vilar Ponte e Constanza de Castro aos residentes con acceso a prazas de garaxes sitas na rúa Nicolás Cora. O corte de tráfico nesa rúa débese ás necesidades da empresa Gas Galicia con respecto ás obras de canalización. Dende o Concello de Viveiro pídense desculpas polas molestias que se podan ocasionar, indicando que a Policía Local estará a disposición dos afectados informando de calquera cuestión relacionada co corte de tráfico referido.

Exit mobile version