Site icon Crónica3.com A Mariña

‘Demolición’ no Teatro Pastor Díaz

taliaO Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle o sábado 11 de abril a “comidrama” Demolición de Talía teatro a partir das 20.30 horas. Dirixida por Candido Pazó e con Toño Casais e Artur Trillo sobre o escenario, durante 90 minutos analizarase a “fraxilidade humana” resoando no “fondo do precipicio”. Unha situación, un conflito, personaxes e diálogo. Catro pés para o banco da comunicación teatral. Hai outros. Pero quixemos probar se chegaba con estes para que o banco se mantivese en pé. Entre o humor e a emoción, entre a dor e o pracer, entre o divertimento e a reflexión. A espera, un eco beckettiano que chega de lonxe. O fracaso colectivo reverberando metaforicamente.

Exit mobile version