Site icon Crónica3.com A Mariña

Dende Lourenzá a Castroverde

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá realizará este domingo 22 de marzo a ruta dos Muíños de Poñente, en Castroverde, saíndo dende o Cantón de Lourenzá ás 08.30 horas. O percorrido é de 12 quilómetros, pero de dificultade media-baixa. A organización recomenda levar botas para a auga e bastón. Os interesados poden inscribirse antes das 12.00 horas do xoves 19 de marzo a través do enderezo electrónico terrasdelourenza@gmail.com ou nos teléfonos 982 12 10 06 ou 658 09 71 33 por un prezo de 5 euros os socios e 8 os non socios. A comida realizarase por libre na feira de Castroverde.

Exit mobile version