Site icon Crónica3.com A Mariña

Detido en Ribadeo como suposto autor dun delito de lesións

Axentes da Garda Civil detén na localidade de Ribadeo a un veciño de Figueras-Castropol (Asturias) de 33 anos de idade, como suposto autor dun delito de lesións.

Os feitos ocorren a madrugada do pasado 22 de febreiro nos exteriores dun pub da localidade de Ribadeo, cando no trascurso dunha pelexa é agredido un veciño de Ribadeo supostamente por parte do detido, resultando con fractura de mandíbula e ferida supraciliar, sendo atendido das súas lesións no Hospital da Costa de Burela.

Tras unha investigación procédese a deter ao presunto autor dos feitos e posto a disposición do Xulgado de Instrución nº 1 de Mondoñedo.

Exit mobile version