Site icon Crónica3.com A Mariña

Doce caraveis de Veciños Independentes de Alfoz en homenaxe ás mulleres

mulleres-alfozVeciños Independentes de Alfoz realizou este domingo 8 de marzo unha homenaxe a todas as mulleres no Día Internacional da Muller Traballadora.

Un grupo de veciños e veciñas levou a cabo unha ofrenda floral na honra de todas as mulleres que loitaron pola nosa terra e por aquelas que están a loitar polo futuro de Alfoz. No acto, Xabier Pardiñas, voceiro de Veciños Independentes de Alfoz, leu uns versos enxalzando o enorme traballo das nosas mulleres, indicando “… a vosa fé é fortaleza, son raios de esperanza que acenden lumieiras por entremedias das penas…”.

As mulleres depositaron, posteriormente, no cruceiro do Castelo de Castro de Ouro, doce caraveis blancos. Brancos como símbolo da paz e doce por ser os meses do ano, pois debemos honrar ás nosas mulleres tódolos días.

“Grazas a todas as mulleres por compartir con nós esta homenaxe”.

Exit mobile version