Site icon Crónica3.com A Mariña

Duelo comarcal en terceira. Destino: A Pontenova

Burela, 26 de marzo de 2015.- A Terceira División regresa tras unha semana de parada este sábado, ás 18.00 horas, para o Burela FS Pescados Rubén B, que visitará a pista do Superti A Pontenova, con derbi comarcal, o primeiro para Juanma a fronte do equipo laranxa.

Dende a undécima praza e 23 puntos, os de Burela intentarán consolidar a boa liña de resultados, tras o empate co Prone Lugo FS (5-5) e a vitoria fronte ao Troula FS (4-3), e poñerán a proba a fortaleza do quinto clasificado (29 puntos), que tamén vén de gañar, ao 5Coruña FS (0-5).

Exit mobile version