Site icon Crónica3.com A Mariña

Empate sen goles no Pepe Barrera ante o Cultural Areas

Pouco fútbol e menos goles. O encontro entre o Ribadeo e o Cultural Areas rematou sen goles e, polo tanto, co reparto de puntos para ambos equipos.

A pesar de que o Cultural Areas saía a por todas no céspede do Pepe Barrera, o porteiro local, Kiko, impediulles adiantarse no marcador cunha gran actuación.

Xa na segunda metade, os visitantes intentábano dende máis atrás forzados por un bo traballo defensivo do conxunto ribadense. Mentres, os celestes aproveitaban sen éxito achegarse á porta de Sebas.

Finalmente, reparto de puntos para ambos equipos nun encontro no que os celestes podían certificar matematicamente a permanencia na Terceira División. A vindeira xornada teñen unha nova oportunidade no campo do Boiro que se atopa na zona de descenso. Polo momento, atópanse undécimos empatados a 44 puntos co Racing Club Villalbés.

Exit mobile version