Site icon Crónica3.com A Mariña

Entrega de premios do ‘VI Concurso de poesía Miña nai, muller traballadora’ en Barreiros

premios-barreirosCon motivo da celebración do día da muller traballadora o pasado 8 de marzo, o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Barreiros, convocou o VI concurso de poesía Miña nai, muller traballadora, no que participaron os/as alumnos/as do CEIP San Cosme de Barreiros e CEIP San Miguel de Reinante. O alcalde, Alfonso Fuente Parga, realizou a entrega dos agasallos aos 6 premiados dos 33 participantes. Os galardonados foron: 4º Ed. Primaria: Carlos Miranda Coto (CEIP San Miguel de Reinante) e Fátima Dorrego Díaz (CEIP San Miguel de Reinante); 5º Ed. Primaria: Izan Acevedo Rivas (CEIP San Miguel de Reinante) e Rosa Martín de Burgos (CEIP San Cosme de Barreiros); 6º Ed. Primaria: Dafne Gómez Meneses (CEIP San Cosme de Barreiros) e Daniel Rosell Nogales (CEIP San Miguel de Reinante).

Exit mobile version