Site icon Crónica3.com A Mariña

Fin de semana moteiro en Mondoñedo

Mondoñedo acollerá a XXVI Concentración Mototurística “A Invernal de Galicia”, organizada polo Motocuble Mondoñedo, entre o 6 e o 8 de marzo.

Haberá desfile de antorchas, exhibición acrobática, festa, queimada, streptease… nun novo esceanrio: a Praza da Catedral.

PROGRAMA
Venres 6: ambiente moteiro en distintos establecementos da vila.

Sábado 7:
12.00 horas: apertura de inscricións con pincho de benvida.
17.30 horas: exhibición acrobática A.V. Campos na Avda. Buenos Aires
20.30 horas: desfile de antorchas polas rúas de Mondoñedo en memoria dos compañeiros caídos na estrada.
21.30 horas: cea (polideportivo municipal Viñas da Veiga)
23.00 horas: entrega de premios “Concurso cartel 2015”
23.30 horas: Festa verbena coa orquestra Tekila
00.30 horas: queimada na praza da Catedral
(No descanso da orquestra entregaranse os premios ós moteiros nas respectivas categorías)
02.30 horas: streaptease en Disco-Pub A Sala
Festa do Motoclub (nunha carpa) na Praza da Catedral ata que o corpo aguante.

Domingo 8:
09.00 a 10.30 horas: almorzo no lugar indicado no ticket de inscrición.
11.00 horas: ruta turística Foz-Ferreira-Vilanova con saída dende a praza da Catedral.
14.00 horas: comida de despedida.

Os inscritos poderán facer uso das instalacións deportivas de Viñas da Veiga como aloxamento. Os interesados poden consultar coa organización.

Exit mobile version