Site icon Crónica3.com A Mariña

‘Foz Plataforma de Futuro’ anunciará públicamente “nas vindeiras semanas” a lista electoral completa

Os seguidores de “Foz,Plataforma de Futuro” veñen de refrendar por aclamación, na tarde do sábado 28 de marzo, a lista electoral que concurrirá ás vindeiras eleccións municipais do noso Concello.

Os seguidores desta Plataforma veciñal estaban citados as 19.00 horas no seu local social para conocer os veciños e veciñas que acompañarán ó seu candidato cara as vindeiras eleccións.

A candidatura encabezada por Luis Alfonso Sixto Legaspi, é unha candidatura xoven, cunha media de idade de 37 anos, nela hai unha ama de casa, un xubilado, un comercial, dous estudantes, unha administrativa, tres parados, unha cuidadora infantil, unha autónoma, un mecánico industrial, unha empregada de supermercado, e un funcionario, polo tanto, unha importante varidade da sociedade focense.

Queremos dar as gracias públicamente a todos os veciños e veciñas que decidiron dar este tan importante paso, sen pedir nada a cambio, e cun único obxectivo que é o de cambiar a forma de facer política do noso Concello, con novas caras e novas ideas, e cun referente claro, traballar por e para os veciños do noso Concello, ser a súa voz e liderar un novo goberno para que, Foz sexa gobernado dende Foz.

Nas vindeiras semanas “Foz, Plataforma de Futuro” vai facer un acto público, aberto ós medios de comunicación e mais a todos os veciños e veciñas do noso Concello para dar a coñecer os nomes e as caras da candidatura ó completo.

Exit mobile version