Site icon Crónica3.com A Mariña

“Foz, Plataforma de Futuro” convocará unha marcha ao Ministerio de Fomento se non comezan as obras da Carretera da Costa

Logo de semanas de denuncias, movilizacións e unha campaña de recollida de centos de sinaturas (Change.org) para instar ao arreglo da perigosa Carretera da Costa, o Goberno do PP co respaldo indolente do Alcalde de Foz segue a mostrar o seu desprezo polo clamor da xente.

¿Ten que ocurrir unha traxedia para que se den conta que non merecemos este castigo?

Sr. Castiñeira erga a bandeira de Foz dunha vez fronte ao ninguneo dos seus superiores, abandone esa deixación de funcións e levante a voz ao poder, que o pobo está vivo e quere xustiza. Estamos realmente cansos do estado de caos viario no que se encontra o noso pobo por mor da súa desidia, merecemos representantes que dignifiquen a política con máis traballo e menos victimismo e servilismo.

Así pois, si en 30 días non se vislumbra unha solución á problemática, “Foz, Plataforma de Futuro” continuará a batalla política e emprenderá unha marcha ao Ministerio de Fomento en Madrid para manifestarse polo que consideramos un insulto sin precedentes para as nosas xentes, un enorme socavón de insensibilidade que asfaltaremos entre todos.

A veciñanza organizada é imparable. ¡Pola nosa carretera, polo futuro da Comarca!
#N642aNosaCarretera

Exit mobile version