Site icon Crónica3.com A Mariña

FRUGA denuncia que a lei da oferta e demanda “non funciona no sector lácteo galego”

Galiza, 02 de marzo de 2015.- En datas pasadas escoitabamos unhas declaracións por parte da conselleira do medio rural e mar, Rosa Quintana, nas cales falaba das enormes posibilidades que se abrían no sector lácteo galego trala desaparición do actual sistema de coutas que remata o vindeiro dia 31 de Marzo. Argumentaba entre outros aspectos, que a dia de hoxe o estado español é deficitario en canto a relación producción consumo, xa que somentes produce a dia de hoxe o 75% do leite que se consume no e total do estado, e que polo tanto os gandeiros Galegos abríanselle novas oportunidades coa desaparición das coutas lácteas.

Dende a Federación Rural Galega, parécenos que este aspecto non é de hoxe, xa que o mercado español é deficitario dende hai moitos anos, e non por iso tivemos prezos mellores prezos que noutros estados da Unión Europea. Concretamente a dia de hoxe estamos a cobrar o leite máis barato do estado español, e da Unión Europea, un gandeiro italiano está a cobrar o leite a mais de 40cts, e un gandeiro andaluz está a cobrar o leite 7 cts mais que un galego.

Para que un gandeiro galego cobre o leite o mesmo prezo que un andaluz ou que un italiano, o papel da consellería do medio rural é clave, concretamente no ano 2007 os gandeiros galegos si que eramos os que cobrabamos o leite mais caro do estado español.

Agora que se acaba o sistema de cotas o que estamos a percibir nalgún caso son aspectos totalmente contraditorios os que subliña a propia conselleira. En datas pasadas unha importante industria galega deixaba de recollelo leite de mais de 40 explotacións, sen dar máis explicacións, e tendo que buscarse a vida os gandeiros e gandeiras afectados. O primeiro problema que se nos presenta no futuro non é nin mais nen menos, que a garantía de que as industrias recollan o leite das explotacións. Evidentemente senón hai garantías de recollida, calquera movemento que poida haber neste aspecto pode ser aproveitado polo sector industrial para aplicar novas baixadas. A recente aprobación das modificacións do paquete lácteo, non garanten a recollida das nosas producións.

Ante os novos cambios que se aveciñan, dende FRUGA demandamos un papel moito mais activo por parte da Consellería do Medio Rural e do Mar, Galiza como primeira produtora de leite do estado, ten dereito a ter os seus organismos interprofesionais. Noutras partes do estado español como é o caso de Cataluña, o goberno puxo en marcha un proxecto de lei sobre organizacións interprofesionais agroalimentarias. Dende FRUGA demandamos do goberno galego que faga o mesmo, e que poña en marcha a Interprofesional Láctea Galega.

O novo sistema de contratos ten que servir non so para saber a como se vai cobralo leite, senón ten que ser un sistema que permita fixar un prezo digno a través das negociacións. Contrariamente ó que pasa actualmente que se converten nun instrumento das empresas para fixar un prezo de forma unilateral, sen que os gandeiros poidamos dicir nada. Non se pode permitir que a dia de hoxe se estean asinando contratos por debaixo dos custes de produción, cando existen numerosos estudos sobre o que costa producir un litro de leite.

Exit mobile version