Site icon Crónica3.com A Mariña

Fuente Parga fai unha valoración moi positiva da venda de parcelas no parque empresarial de Barreiros

Barreiros, 27 de marzo de 2015. O alcalde, Alfonso Fuente, fai unha valoración positiva da venda de once parcelas no parque empresarial de Barreiros, que foron solicitadas despois do remate do concurso correspondente. Suman en total 8.000 metros cadrados.

Fuente Parga destaca a boa situación do polígono industrial, preto de autovía A-8, “o que fai que cada vez sexan máis firmas as que se interesan polo parque barreirense”. E subliña que “a venda desas parcelas implicará a posta en marcha de empresas e coma consecuencia de postos de traballo”.

O interese dos empresarios mariñaos polo solo empresarial bonificado posto á venda pola empresa pública Xestur continúa activo despois do remate do concurso de venda, como o demostra o feito de que o Consello de Administración da Sociedade adxudicou directamente once novas parcelas no parque empresarial de Barreiros.

Estas parcelas suman unha superficie total de máis de 8.000 metros cadrados e un prezo de venda, xa aplicadas as bonificacións, de preto de preto de 214.000 euros. En total, Xestur leva vendidas entre febreiro e marzo trece parcelas do parque empresarial de Barreiros, cunha superficie total de máis de 13.200 metros cadrados.

Exit mobile version