O rexedor asegurou que “a impresión que traemos da nosa presenza en Xantar é boa, porque nos estamos a promocionar nunha zona, o sur de Galicia, na que non somos coñecidos suficientemente. Representantes do goberno portugués contáronnos que eles están a facer a mesma promoción ca nós, pero no seu caso co peixe espada”.
González Barcia considera que “Burela debe volver a Xantar o vindeiro ano e aumentar a súa presenza. Habería que estudar a posibilidade de facer un día dedicado a Burela. Pero isto temos que falalo e avalialo”. O bonito que hoxe se degustou en Ourense foi cedido por Absa, a quen o Concello lle agradece a súa colaboración.