O rexedor dixo que “como alcalde acompañei ao portavoz de pesca do grupo parlamentario popular no Congreso, Joaquín García Díez, á xuntanza que mantivo este mediodía co sector, con representantes da confraría de pescadores, de Absa e da OPP”. González Barcia contou que “tal e como vimos facendo desde hai anos realízanse este tipo de xuntanzas. A relación entre o Concello e o sector pesqueiro continúa a ser fluída, ao igual que ata o de agora”.
O alcalde burelés sinalou que “no encontro o sector planteou as súas reivindicacións e preocupacións. Falouse do reparto de cotas e da preocupación permanente para continuar pescando, aínda aceptando que a lexislación hai que cumprila o que se quere é que se favoreza ás empresas en activo e os postos de traballo”. José Mª González Barcia lembrou que “a postura do alcalde e do equipo de goberno sempre foi defender a continuidade das empresas e dos postos de traballo. Burela vive do mar e temos que ser sensibles coas demandas do sector”.
O rexedor cualificou o encontro coma cordial e positivo: “as posicións do sector son claras e entendibles. O portavoz de pesca do grupo parlamentario popular comprometeuse a trasladar as súas demandas aos órganos competentes para que si existen posibles modificacións se proceda a realizalas”.
Á xuntanza deste mediodía en Burela asistiron representantes de Absa, da OPP e sa confraría de pescadores.