Site icon Crónica3.com A Mariña

II Festa das Fabas de Lourenzá con Callos por Semana Santa

A comisión de Festas Santa Cruz 2015, en colaboración coas Escolas Deportivas de Lourenzá, o Torneo Lourenzá en Xogo 2015 e o Concello de Lourenzá, organiza por segundo ano consecutivo a II Festa das Fabas de Lourenzá con callos, no recinto feiral de Lourenzá o vindeiro xoves 2 de abril de 2015 (Xoves Santo) a partires das 21.30 horas.

O menú estará composto por: entrantes, fabas de Lourenzá con callos, costela asada con guarnición, sobremesa, pan e bebida.

Haberá música a cargo da discoteca móbil COCOLOKO, sorteos, queimada, bar, copas, e contaremos coa presenza das xogadoras do torneo nacional de basket femenino “Lourenzá en xogo 2015”.

O prezo das entradas anticipadas é de 15 euros (ata o domingo 29 de marzo), e están dispoñibles nos distintos bares, cafeterías e locais comerciais do pobo, nos teléfonos 636 679 512 (Pepe), 669 398 809 (Ramón), 629 096 711 (Sandra), 689 222 158 (Manolo). O prezo das entradas en taquilla é de 18 euros.

Exit mobile version