Os Monteferro tiñan preparado un percorrido bonito, pero moito máis duro que o ano anteior: moita lama e cambios de pista da parte alta por bonitos sendeiros.
Javier Legide foi o primeiro dos ciclistas das Escolas Deportivas en chegar á meta no posto 48 xeral e 13 Master 40 cun tempo de 3 horas e 12 minutos.
Despois chegou Isabel Picoaga López, ocupando un gran meritorio 6 posto na categoría feminina, cun tempo de 4 horas e 2 minutos. A gañadora da categoría foi a actual campioa de España de maratón.
En terceiro lugar chegou Juan José Longarela García, no posto 298 da xeral co handicap de saír moi retrasado e quedar atrancado na primeira subida na famosa calzada romana de Cotobade.