Site icon Crónica3.com A Mariña

Lídia Senra participará nas mobilizacións previstas contra o Banco Central Europeo en Frankfurt

Bruxelas, 17 Marzal 2015. A través da coordinación internacional de múltiples organizacións sociais e políticas lideradas pola rede Blockupy, vense deseñando dende o pasado ano 2014 dúas xornadas de mobilizacións contundentes contra o Banco Central Europeo en Frankfurt (Alemania), que deron inicio hoxe mesmo e que terán como xeira principal o día de mañán, mércores 18.

A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda (AGEe), Lídia Senra, desprazarase hoxe mesmo até Frankfurt acompañada de eurodeputadas/os do Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) e participará mañá na acción convocada para arrodear a sede do Banco Central Europeo (BEC) -a Eurotorre- ás 07.00hrs. da mañá co obxectivo de bloqueala e impedir a inauguración deste edificio que, cun custo de 1,3 billóns de euros, constitúe un dos mellores exemplos da obscenidade ca que o capitalismo está a reforzar os seus símbolos mentras os pobos de Europa estamos a sufrir unha das crises sociais máis duras da nosa historia.

Posteriormente, ás 14.00 horas, participará na concentración que terá lugar na praza Römer de Frankfurt, onde intervirán, entre outras, a activista e politóloga Naomi Klein e a vicepresidenta do partido da esquerda alemana Die Linke, Sahra Wagenknecht.

A deputada de AGEe parcipirá tamén na grande manifestación convocada para as 17.00hrs. con saída dende a mesma praza Römer, que transcurrirá a través do centro da cidade con finalización na Old Opera House.

Lídia Senra cualificou este martes dende Bruxelas como totalmente “intolerábel” que unha institución como o Banco Central Europeo, non elixida por ninguén e que escapa ao control da cidadanía, “teña o poder de condicionar as nosas vidas no día a día impoñendo políticas de axuste que levan ao desmantelamento e á privatización de servizos públicos como a sanidade e o ensino, á destrución de empregos en todos os sectores e actividades produtivas, aos desafiuzamentos e a un longo e doloroso ‘etcétera'”. A Alternativa Galega de Esquerda en Europa estará polo tanto participando das mobilizacións convocadas en Frankfurt para deixar ben claro á Troika que imos loitar, na Galiza e en Bruxelas, “para poñer os dereitos das persoas por diante dos intereses do Capital”.

Exit mobile version