Ata o día de hoxe, leváronse a cabo seis xuntanzas nos distintos lugares e finalizarán o vindeiro 30 de marzo en Couxela.
Nestes encontros os populares están recollendo propostas dos ribadenses para redactar o programa electoral co que concorrerá de eleccións municipais e tamén están informando do recen aprobado Plan Xeral de Ordenación Municipal.
López Penabad tamén lembrou que a sede dos populares en Ribadeo estará aberta para calquera dúbida ou consulta tódolos mércores de 19.30 a 21.30.
Almanaque de xuntanzas
Xoves, 19 de marzo: 21.30 Noceda e 22.00 Remourelle
Luns, 23 de marzo: 21.30 Piñeiro e 22.00 Cedofeita
Martes, 24 de marzo: 21.30 Villamariz e 22.00 Arante
Mércores, 25 de marzo: 20.30 Rinlo e 21.30 Villaframil
Xoves, 26 de marzo: 22.30 Santalla de Vilaosende
Venres, 27 de marzo: 21.30 Rochela e 22.00 A Devesa
Luns, 30 de marzo: 21.30 Couxela