Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis prazas de aparcamento en Viveiro pola Semana Santa

Grazas ás xestións realizadas pola alcaldesa de Viveiro, dende o pasado venres e ata o vindeiro domingo, os veciños e visitantes de Viveiro poderán aparcar os seus vehículos na explanada do Porto Deportivo, dependente de Portos de Galicia. Deste xeito, auméntase o número de prazas de aparcamento existentes intentando cubrir as necesidades dos numerosos visitantes que se achegan ao municipio nestas datas.

Exit mobile version