Site icon Crónica3.com A Mariña

María Reimóndez nos colexios de Burela

maria-raimondez-burelaA escritora María Reimóndez visitou este luns 2 de marzo o CEIP Vista Alegre e o Ceip Virxe do Carme participando nunha actividade de sensibilización cos rapaces e rapazas de 6º de primaria dos dous colexios nos que falou do seu libro Lía e as zapatillas de deporte, co que xa traballaron os nenos e nenas nos últimos meses grazas á doazón de exemplares do mesmo a estes centros de ensino. María Reimóndez ilustrounos coas súas experiencias e ensinoulles a valorar o traballo en equipo, a fomentar as súas capacidades e a sensibilizarse con distintos entornos. Esta actividade inclúese no programa de atención a inmigrantes do Concello burelés. A actividade estaba prevista para o pasado luns, 23 de febreiro, pero tivo que aprazarse por enfermidade da autora.

Exit mobile version