Site icon Crónica3.com A Mariña

Moito por decidir para a última tirada da Liga de Bolos de Xove

Despois desta tirada, e a falta da última de Sumoas, Rafael González case dixo adeus ás súas posibilidades de asaltar o título deste ano. Despois da mala tirada da pasada semana onde perdeu o liderato, nesta de Morás non foi capaz sequera de puntuar. Pola contra, o seu rival máis directo sumou 18 puntos nesas dúas tiradas por só 2 de Rafael. Así, Arturo Vigo é líder con 7 puntos de vantaxe sobre Rafael. Aínda así, Rafael aínda conta con algunha posibilidade; xa que ademais Arturo depende de si mesmo.

O que si quedou confirmada en Morás foi a terceira posición final do vixente campión Álex Meitín; a pesar de que non participou nas primeiras tiradas da temporada porque tamén xoga na U.D. Xove-Lago e que puido ser, sen dúbida, o que lle restou moitas posibilidades de revalidar o título.

Liga Sénior Feminina
Fantástica xornada para a líder Belén Meitín que lle conseguiu sacar 5 puntos a Salomé Cardoso e 1 a Carmen Roca. Agora Belén encabeza a clasificación con 4 puntos sobre Carmen e 7 sobre Salomé. Con estes datos, Salomé está practicamente descartada -aínda que non matematicamente- da loita polo título. Aínda así, poderase centrar en acadar o subcampionato. Carmen ten máis posibilidades, pero xan non depende de si mesma. De todas formas, emoción ata o final.

Liga Sub 16
Se as dúas primeiras posicións xa están claras, nas dúas últimas tiradas finais queda por ver quen se alza co último escalón do podio que se disputan Julia López e Hugo Pérez, ámbolos dous con 30 puntos.

Queda xa pouco para rematar esta XXVIª tirada da competición de bolos regular máis antiga de Galicia, con moitas cousas aínda por decidir na vindeira e última tirada que se celebrará no Centro Social de Sumoas o vindeiro sábado 7 de marzo.

CAMPIONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE MORÁS   (28  FEBREIRO  2015)

35    INSCRITOS:  18  NA LIGA SENIOR,   8   NA LIGA SUB 16   E   9  NA LIGA FEMININA

CLASIFICACIÓN           NOME TANTOS

PUNTOS

LIGA SENIOR

PRIMEIRO SÓCRATES CAMPO SUÁREZ

274

12

SEGUNDO ALEX MEITÍN SERANTES

261

10

TERCEIRO MARCELINO ÁLVAREZ RODRÍGUEZ

240

8

CUARTO CÉSAR CANCELOS LÓPEZ

225

7

QUINTO ARTURO VIGO CASABELLA

214

6

SEXTO LUIS RANCAÑO BOUSO

213

5

SÉTIMO CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO

212

4

OITAVO JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO

203

3

NOVENO RAMÓN FRANCO BERMÚDEZ

200

2

DÉCIMO MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA

193

1

MELLOR BOLADA ALEX MEITÍN SERANTES

75

1

LIGA SUB 16

PRIMEIRO MIGUEL LÓPEZ FORMOSO

161

6

SEGUNDO DANIEL ALONSO LÓPEZ

145

4

TERCEIRO HUGO PÉREZ MEITÍN

93

3

CUARTO LAURA IGLESIAS MARIÑO

74

2

QUINTO RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO

73

1

MELLOR BOLADA DANIEL ALONSO LÓPEZ

62

1

LIGA FEMININA

PRIMEIRO BELÉN MEITÍN ROUCO

172

6

SEGUNDO CARMEN ROCA CORRAL

169

4

TERCEIRO CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ

149

3

CUARTO SALOMÉ BERMÚDEZ BEN

142

2

QUINTO SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ

108

1

MELLOR BOLADA CARMEN ROCA CORRAL

59

1

Exit mobile version