Site icon Crónica3.com A Mariña

Monicreques en Foz : ‘Rumpelstikin, o anano saltarín’

Foz, 3 de marzo de 2015. Dentro da programación cultural organizada polo Concello de Foz, a Sala Bahía acollerá este vindeiro sábado, día 7, un espectáculo de monicreques a cargo da compañía teatral Trompicallo, que representará a obra ‘Rumpelstikin, o anano saltarín’.

A representación, dirixida a nenos e nenas a partir de 3 anos de idade, empezará ás 18:30 horas e terá unha duración de 60 minutos. O prezo da entrada é de 2,5 euros, pero os menores de 12 anos pagarán só 1,5 euros.

Esta será a segunda actuación do ciclo de teatro infantil organizado pola Delegación de Cultura do Concello de Foz, no que está incluídas outras dúas representacións, previstas para o 11 de abril e o 9 de maio, tamén na Sala Bahía.

Exit mobile version